A memoria viva do 'Muíño do Pan' de Baamonde

O documental "A memoria viva do 'Muíño do Pan' de Baamonde" mergúllase nas voces da veciñanza, nas anécdotas do último muilleiro e nas imaxes da restauración dun patrimonio que latexa á beira do río Parga, en pleno núcleo da Reserva da Biosfera Terras do Miño e ao carón do Camiño Norte de Santiago.

Este vídeo é unha homenaxe á cultura popular, á arquitectura tradicional e á forza da comunidade que mantén viva a súa historia.

Actividades subvencionadas por:

Deputación de Lugo UNESCO Terras do Miño Xunta de Galicia - Cultura, Lingua, Xuventude